a360grados.net

 

ENLACES INTERNOS

Editoriales universitarias

Institutos de estudios locales/nacionales

 

Editoras y revistas destacadas:

Artes plásticas

 

 


Encrucillada. Rev. Galega de pensamento cristián Nº 146
 

Nombre de la Revista: Encrucillada. Rev. Galega de pensamento cristián
Número de Sumario: 146
Fecha de Publicación: 2006/01-02
Páginas:
Sumario:

Encrucillada. Revista galega de pensamento cristián.

Nº 146

Volume XXX

Xaneiro-febreiro 2006

 

GUIEIRO •  Por Agustín Díaz Blanco

ESTUDOS

•  Matrimonio como sacramento , por Andrés Torres Queiruga

•  Relación amorosa, afectividade vulnerable , por Gonzalo Aza

•  Para unha “normalización”, na comunidade cristiá, das parellas “recasadas” , por Marciano Vidal

•  Ética das relacións. Decálogo bíblico para non discriminar por orientación sexual , por Juan Masiá

  ENTREVISTA

•  Matrimonio e familia: entrevista con Manuel Sánchez Monge, Obispo de Mondoñedo, por Xaquín Campo Freire

  ACHEGAS

•  Compaixón e caridade. ¿Quen dixo mágoa e esmola? , por Félix Caballero Wangüemert

  CRÓNICAS

•  Política: Un cambio que se resiste , por Xosé Luís Barreiro Rivas

•  Cultura: O Servizo de Publicacións e a Libraría Institucional Galega , por Xoán Bernárdez Vilar

•  Igrexa: Pola caridade á xustiza , por Rubén Aramburu Molet

  RECENSIÓNS

•  Teología de la creación de un mundo en evolución. K. Schmitz-Moormann

por Pedro Castelao

•  Introducción a la Bioética. José Ramón Amor Pan

por José Manuel Caamaño López

•  Contra a síndrome NNA. Victorino Pérez Prieto

por Bernardo García Cendán

  LIBROS CHEGADOS Á REDACCIÓN

•  Por Engracia Vidal Estévez

   ILUSTRACIÓNS

•  Por Soledad Pite

 

 
GUIEIRO

Existe unha terrible contradicción que converteu un sacramento precioso nunha carga e unha ameaza, nunha especie de trampa ou armadilla: “se te casas pola igrexa, ficas atrapado, perdes a túa liberdade e quedas en desvantaxe cos demais”. Con esta frase que arranca o artigo principal deste número da revista, do que é autor o noso director, Andrés Torres Queiruga. Para romper ese maleficio, o autor estuda a historia da institución do matrimonio.

“1) Até o século cuarto o matrimonio era un acontecemento civil, considerado santo por ser celebrado entre cristiáns. 2) Entre os séculos IV e XI foise desenvolvendo unha liturxia, non obrigatoria, que se engadía ao matrimonio civil. 3) Pero xa a partir do séc. IX a cerimonia civil tendeu a celebrarse na igrexa. 4) O proceso completouse nos séc. XI-XII, cando o matrimonio civil acabou absorbido na liturxia relixiosa”, sinala Torres Queiruga.

O artigo analiza o proceso polo que se foron confundindo os diversos factores que configuran historicamente o matrimonio, partindo da Biblia, para percorrer logo a evolución da teoloxía sobre este sacramento na doutrina da Igrexa.

Na parte final do artigo, abórdase o problema do fracaso na parella e pregúntase pola posibilidade de admitir o divorcio. “Non cabe dubidar de que una opción clara e decidida neste punto, á parte de mostrar unha maior sensibilidade histórica e un rostro máis humano na Igrexa, evitaría esas solucións por medio da anulación , que demasiadas veces producen na opinión pública a impresión dunha especie de “divorcio disfrazado”.

Desde unha perspectiva diferente, aborda Marciano Vidal as posibles solucións de tipo pastoral para a normalización, na comunidade cristiá, das parellas que volveron casar. O autor fai un percorrido pormenorizado pola normativa eclesiástica referida a estas parellas, lembrando diversas decisións de diferentes episcopados europeos e maila doutrina e discursos pontificios a este respecto.

O estudo de Gonzalo Aza céntrase nos cambios que na sociedade actual se produciron nas relacións afectivas en xeral e na relación de parella en particular. “ O carácter efémero e precario que caracteriza a nosa vida social condiciona as relacións amorosas, tan importantes e vulnerables a un tempo. A vida acelerada e estresada da chamada sociedade do benestar, a urxencia das gratificacións inmediatas e a sobreva-loración de ter para ser impregna tamén as relacións persoais”. O autor conclúe sobre a inseguridade da pertenza nas relacións de parella: “En definitiva, amar sen miramentos non é tarefa doada nin o contexto cultural parece que o vaia facilitar. Hai que renunciar a crer que ese sentimento é o fin da soidade, e estar disposto a aceptar dúas soidades, a do outro e a propia.”

O xesuita Juan Masiá, tan de actualidade pola súa expulsión do cadro de profesores da Universidade Pontificia de Comillas, colabora neste número propoñendo un “Decá-logo bíblico para non discriminar por orientación sexual”. Introduce o tema contando a aplicación da doutrina oficial sobre unha relación entre dous homes, feita por un sacer-dote e consultada logo a un bispo e a un alto cargo dun dicasterio romano. E fai logo un repaso por dez textos da Biblia, á luz dos cales tenta reformular unha doutrina das relacións de parella e das relacións humanas.

Unha entrevista feita por Xaquín Campo Freire ao novo bispo de Mondoñdo-Ferrol, Manuel Sánchez Monge, baixo o título xenérico de Matrimonio e familia, completa a visión da rica realidade da relación de parella dentro do ámbito cristián. O entrevista ten unha ampla experiencia na pastoral con matrimonios e é autor de diversos traballos teóricos sobre o asunto.

Finalmente, baixo o título de “ Compaixón e caridade. ¿Quen dixo mágoa e esmola?” publicamos unha achega do xove escritor Félix Caballero Wangüemert. O autor remata o seu artigo desembocando nesa “xustiza que se abre ao amor”. O amor desinteresado do que fala o dicionario. Un amor ao que tamén chegamos cando falabamos de com-paixón.

Por suposto, este número recolle as novas de actualidade política, cultura e relixiosa, da man dos colaboradores habituais, Xosé Luis Barreiro, Xoán Bernárdez e Rubén Aramburu. E tamén as recensións e mailo catálogo de libros chegados á redacción, xunto cos debuxos da nosa colaboradora Soledad Pite.

Agustín Díaz

tintxu@teleline.es

 

 
 



Patrocinio - Contacto - Aviso Legal - Política de cookies - Añadir revista - Taller de Autopublicación
© 2004-2024 a360grados.net - La ciencia, la cultura y la sociedad a través de nuestras revistas
Desarrollo Web ComercialStudio.com